Saltar ao contido

Eu, Daniel Blake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Eu, Daniel Blake
Ficha técnica
Título orixinalI, Daniel Blake
DirectorKen Loach
ProdutorRebecca O'Brien
GuiónPaul Laverty
Intérpretes
MúsicaGeorge Fenton
FotografíaRobbie Ryan
MontaxeJonathan Morris
Estudio
Distribuidora
  • BFI (Reino Unido)
  • Le Pacte (Francia)
EstreaFestival de Cannes: 13 de maio de 2016
21 de outubro de 2016
Galicia 6 de setembro de 2021 (TVG)
Duración100 minutos[1]
OrixeReino Unido Reino Unido
Francia
XéneroDrama
Recadación15,8 millóns de dólares[2]
Na rede
IMDB: tt5168192 Filmaffinity: 245859 Allocine: 241697 Rottentomatoes: m/i_daniel_blake Mojo: i,danielblake Allmovie: v645842 TCM: 2078990 Metacritic: movie/i-daniel-blake
Twitter: idanieIblake Netlix: 80112518 Editar o valor en Wikidata

Eu, Daniel Blake (en inglés: I, Daniel Blake) é un filme británico-francés de 2016 dirixido por Ken Loach e escrito por Paul Laverty. Está protagonizado por Dave Johns no papel de Daniel Blake, a quen se lle nega o subsidio de emprego e manutención malia que o seu médico no o recoñeceu como apto para traballar. Hayley Squires interpreta a Katie, unha loitadora nai solteira de quen Daniel se fai amigo.

Gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016, o premio do público no Festival Internacional de Cinema de Locarno,[3][4] e o BAFTA de 2017 ao mellor filme británico.[5]

Estreouse en galego o 6 de setembro de 2021 a través da TVG.[6]

O viúvo Daniel Blake, un carpinteiro de 59 anos de Newcastle, sofre un ataque cardíaco. Aínda que o seu cardiólogo non lle permitiu volver ao traballo, Daniel considérase apto para facelo despois dunha avaliación da capacidade de traballo trala que lle denegaron o subsidio de desemprego. Frústralle saber que o seu médico non foi contactado sobre a decisión e solicita unha apelación, un proceso que lle resulta difícil porque debe completar os formularios en liña e é un analfabeto dixital.

Daniel faise amigo da nai solteira Katie despois de que esta fose sancionada por chegar tarde a unha cita no centro de traballo. Katie e os seus fillos acaban de mudarse a Newcastle desde un refuxio para persoas sen fogar de Londres, xa que non hai aloxamento a prezos accesibles en Londres.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. "I, Daniel Blake (15)". British Board of Film Classification. 18 de agosto de 2016. Consultado o 19 de agosto de 2016. 
  2. "I, Daniel Blake (2016)". Box Office Mojo. Consultado o 23 de novembro de 2020. 
  3. Lee, Benjamin (22 de maio de 2016). "Cannes 2016: Ken Loach's I, Daniel Blake wins the Palme d'Or - live!". The Guardian. Consultado o 22 de maio de 2016. 
    - "Cannes Film Festival Winners: Palme d'Or To Ken Loach's 'I, Daniel Blake'". Deadline Hollywood. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  4. "Palmarès 2016". Locarno. 
  5. "2017 Film Outstanding British Film". BAFTA. Consultado o 21 de agosto de 2017. 
  6. Versión en galego (ed.). "Eu, Daniel Blake na TVG". Consultado o 8 de setembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]